SIGTV: episodio 10
21/05/2008
Esta vez pilleivos por sorpresa, a que si!!
Xa está no aire o episodio número 10 de SIGTV, pero desta vez cambiamos os xornais por unha redacción propia instalada no primeiro nivel de ensino primario, alá no edificio novo, onde os reporteiros e reporteiras de SIGTV entrevistan ao alumnado que fala das súas creacións artísticas e do pintor ao que seguen: Dalí.
Esta iniciativa enmarcada no Proxecto SIGTV resulta especialmente rica, xa que está realizada polo profesorado de primeiro nivel, cunha temática moi interesante, aproveitando o tema pictórico desenvolvido dende a Biblioteca Escolar CEIP Sigüeiro e traballando con alumnado de 6 e 7 anos. Algo nada fácil pero moi satisfactorio por outra banda.
Toda unha proeza. Persoalmente, penso que é un dos traballos máis arriscados e interesantes que se poden ver actualmente. Parabéns a todos os integrantes polo seu bo facer!
Lembrade: necesitades ter instalado o quicktime no voso navegador, para conseguilo (de balde, xa que é de uso gratuito) podedes pasar por esta ligazón.