SIGTV: episodio 9

20/05/2008

 

Unha vez máis estamos con vós par apresentarvos o novo episodio de SIGTV, o noso proxecto de TV escolar por Internet .

Neste noveno episodio, que chega un pouco máis tarde do que quixeramos, pero todos estamos de traballo ata arriba, non si?  hai novas moi interesantes, dende as de carácter social e humano, económico, cultural e tamén aventuras polo mundo adiante realizadas por galegos e galegas. E de regalo, unha entrevista con Concha Blanco. Non vos queixaredes!

Esta é unha arriscada proposta realizada polo alumnado de Cuarto B de Educación Primaria onde participan un gran número de alumnos e alumnas na súa gravación e todos e cada un deles na preparación do material.


Lembrade: necesitades ter instalado o quicktime no voso navegador, para conseguilo (de balde, xa que é de uso gratuito) podedes pasar por esta ligazón.


Accede ao contedor de arquivos

seguinte  
 
  anterior