SIGTV: episodio 8

29/04/2008

 

Xa temos en liña o oitavo episodio de: SIGTV, o noso novo proxecto de TV escolar por Internet .

Neste oitavo episodio veredes nova moi interesantes para os que etmos máis preto do noso Centro, falando da nosa xente e do noso Concello. Tampouco podíamos esquecernos das novas máis importante a nivel nacional, internacional e relacionadas coa cultura, medioambiente e deporte. Esta interesante proposta realizada polo alumnado de Sexto C de Educación Primaria -onde participaron todos e cada un deles en distintos roles- ven a culminar unha liña levada a cabo polas titoras do último nivel que terá o alumnado antes de marcharen para a Secundaria.


Lembrade: necesitades ter instalado o quicktime no voso navegador, para conseguilo (de balde, xa que é de uso gratuito) podedes pasar por esta ligazón.


Accede ao contedor de arquivos

seguinte  
 
  anterior