SIGTV: episodio 7
21/04/2008
Presentamos o sétimo episodio de: SIGTV, o noso novo proxecto de TV escolar por Internet .
Este sétimo episodio ven moi moi cargadiño de novas, quizáis o que máis contido trae dende que comezamos o proxecto. As novas son de todo tipo: internacionais, deportivas con toda a problemática causada polo paso da antorcha por distintos países e a loita polos dereitos humanos en China e e no Tibet, pasando polos deportistas da casa, medioambiente, e locais.O actual episodio está moi traballado na aula a nivel de recollida de novas, análise e preparación de material, realizándose o que é ata o día de hoxe o episodio máis longo da serie de SIGTV. Vale a pena velo!
Por outra parte, tivemos certos problemas técnicos que deron como resultado algúnha desincronización do audio e vídeo. É unha magoa porque o traballo realizado na aula é estupendo, e os reporteiuros -primeira vez que aparece case todo grupo realizando esta labor no proxecto, unha magnífica idea, por ourta parte-.
Todo o traballo desenvolvido na elaboración das novas así como na creación do espacio audiovisual está realizado polo alumnado.
E por explicar un pouco o proceso “técnico” de elaboración do episodio desta ocasón, realizamos gravacións coa nova cámara e posteriormente montamos co programa de edicción de vídeo. En calquera caso, aquí tedes o episodio número sete.
Lembrade: necesitades ter instalado o quicktime no voso navegador, para conseguilo (de balde, xa que é de uso gratuito) podedes pasar por esta ligazón.