SIGTV: episodio 6

14/04/2008

 

Presentamos o sexto episodio de: SIGTV, o noso novo proxecto de TV escolar por Internet .

Este sexto episodio ven moi moi cargadiño de novas, desde as de carácter internacional deportivo con toda a problemática causada polo paso da antorcha por distintos países e a loita polos dereitos humanos en China e e no Tibet, pasando polos deportistas da casa, medioambiente, e locais.  O actual episodio está moi traballado na aula a nivel de recollida de novas, análise e preparación de material, realizándose o que é ata a data de hoxe o segundo episodio máis longo da serie de SIGTV. Vale a pena velo!

Por outra parte, podedes ver moitas diferencias con respecto a episodios anteriores, quixemos cambiar un pouco as cousas e saíunos un pouco rá… e non precisamente polo traballo das rapazas e rapaces que estiveron estupendos.

Todo o traballo desenvolvido na elaboración das novas así como na creación do espacio audiovisual, todo, está realizado polo alumnado. E por explicar un pouco o proceso “técnico” de elaboración do episodio desta ocasión, estreamos cámara nova e quixemos utilizar outro medio de gravación que nos permitira mellorar o proceso, como en todo proceso de aprendizaxe (nós tamén estamos a aprender) ás veces aparecen atrancos. En calquera caso, aquí tedes o episodio número seis, un pouco máis tarde do desexado na web, pero por fin  subido.

Se o queredes ver en grande, premede aquí (Quicktime, 160MB).

Lembrade: necesitades ter instalado o quicktime no voso navegador, para conseguilo (de balde, xa que é de uso gratuito) podedes pasar por esta ligazón.


Accede ao contedor de arquivos

seguinte  
 
  anterior