SIGTV: episodio 5

12/03/2008

 

Presentamos o quinto episodio de: SIGTV, o noso novo proxecto de TV escolar por Internet .

Neste cuarto episodio, os nenos e nenas contarannos as novas que van desde a política internacional, os descubrimentos máis importantes da arqueoloxía, innovacións en canto á introducción de enerxías renovables en Galicia, a cultura, e as novas de Oroso.

Vale a pena velo!

Presentamos o quinto episodio de: SIGTV, o noso novo proxecto de TV escolar por Internet .

Este quinto episodio ven moi moi cargadiño de novas, desde as de carácter internacional, pasando polas nacionais, ecoloxía, deportes e locais.  O actual episodio está moi traballado na aula a nivel de recollida de novas, análise e preparación de material, realizándose o que é ata a data de hoxe o episodio máis longo da serie de SIGTV. Vale a pena velo!

Todo o traballo desenvolvido na elaboración das novas así como na creación do espacio audiovisual, todo, está realizado polo alumnado. Neste quinto episodio traballan os nenos e nenas de terceiro nivel. A realización, como ben podedes ver, é en tempo real, sen cortes, sen postproducción e, o que é máis importante, realizado íntegramente polo alumnado tanto diante como detrás da cámara. Aemais, neste episodio tivemos problemas técnicos, xa que o temauqe usamos na elaboración do programa ten un erro adquirido dende a últma  actualización do software, polo que a idea inicial tivo que ser desenvolvida doutro xeito.

Tamén verede algo raro na gravación i é que hoxe estivo a TVG gravándonos mentras o alumnado levaba acabo o proxecto.

Lembrade: necesitades ter instalado o quicktime no voso navegador, para conseguilo (de balde, xa que é de uso gratuito) podedes pasar por esta ligazón.


Accede ao contedor de arquivos

seguinte  
 
  anterior