SIGTV é un proxecto realizado entre o profesorado e o alumnado do CEIP Sigüeiro onde se mesturan os xeitos de traballar dunha redacción dun xornal, que saca as novas da propia prensa, e dun estudio de gravación onde se crea o noso particular “telexornal”.

Ate o día de hoxe conseguimos ter unha audicencia máis ou menos fiel, unha prolongación do traballo moito máis aló das nosas expectativas e, inclusive, certa atención dos medios de comunicación que ven como a innovación non está reñida coa imaxinación nas etapas de educación infantil e primaria e onde se poden traballar as novas tecnoloxías dende e polo alumnado.