Esta vez pillámosvos por sorpresa, a que si!!

Xa está no aire o episodio número 10 de SIGTV, pero desta vez cambiamos os xornais por unha redacción propia instalada no primeiro nivel de ensino primario, alá no edificio novo, onde os reporteiros e reporteiras de SIGTV entrevistan ao alumnado  que fala das súas creacións artísticas e do pintor ao que seguen: Dalí.

Esta iniciativa enmarcada no Proxecto SIGTV resulta especialmente rica, xa que está realizada polo profesorado de primeiro nivel, cunha temática moi interesante, aproveitando o tema pictórico desenvolvido dende a Biblioteca Escolar CEIP Sigüeiro e traballando con alumnado de 6 e 7 anos. Alg nada fácil pero moi satisfactorio por outra banda.

Toda unha proeza. Persoalmente, penso que é un dos traballos máis arriscados e interesantes que se poden ver actualmente. Parabéns a todos os integrantes polo seu bo facer!

Actualización: Acabamos de subir de novo o episodio número 10 de SIGTV, quedounos un pouco grande de máis en tamaño, sendo só de 10 minutos de duración pesaba tanto como o anterior episodio (agora pesa a metade: de 60 MB pasa a 30MB).

Agora xa está arranxado, e o Programa Especial sobre Dalí dos nenos e nenas de primeiro de primaria está preparado para que o disfrutedes.


Para acceder ao décimo episodio, premede aquí.

21/05/2008

Proxecto SIGTV episodio 10 (actualizado)

seguinte  
 
  anterior