Unha vez máis estamos con vós par apresentarvos o novo episodio de SIGTV, o noso proxecto de TV escolar por Internet .

Neste noveno episodio, que chega un pouco máis tarde do que quixeramos, pero todos estamos de traballo ata arriba, non si?  hai novas moi interesantes, dende as de carácter social e humano, económico, cultural e tamén aventuras polo mundo adiante realizadas por galegos e galegas. E de regalo, unha entrevista con Concha Blanco. Non vos queixaredes!

Esta é unha arriscada proposta realizada polo alumnado de Cuarto B de Educación Primaria onde participan un gran número de alumnos e alumnas na súa gravación e todos e cada un deles na preparación do material.

O actual episodio estívose a traballar duante toda a semana para a súa gravación, unha semana realmente complicada  tanto para o profesorado (vimos de preparar toda unha galería de arte polo colexio adiante, como para o alumando que tamén tivo que preparar lecturas sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas, o que lle otorga ainda máis maior valor ao traballo realizado se cabe.


Para acceder ao noveno episodio, premede aquí.

 

19/05/2008

Proxecto SIGTV episodio 9

seguinte  
 
  anterior