Presentamos o sexto episodio de: SIGTV, o noso novo proxecto de TV escolar por Internet .

Este sexto episodio ven moi moi cargadiño de novas, desde as de carácter internacional deportivo con toda a problemática causada polo paso da antorcha por distintos países e a loita polos dereitos humanos en China e e no Tibet, pasando polos deportistas da casa, medioambiente, e locais.  O actual episodio está moi traballado na aula a nivel de recollida de novas, análise e preparación de material, realizándose o que é ata a data de hoxe o segundo episodio máis longo da serie de SIGTV. Vale a pena velo!

Por outra parte, podedes ver moitas diferencias con respecto a episodios anteriores, quixemos cambiar un pouco as cousas e saíunos un pouco rá… e non precisamente polo traballo das rapazas e rapaces que estiveron estupendos.

Todo o traballo desenvolvido na elaboración das novas así como na creación do espacio audiovisual, todo, está realizado polo alumnado.

E por explicar un pouco o proceso “técnico” de elaboración do episodio desta ocasón, estreamos cámara nova e quixemos utilizar outro medio de gravación que nos permitira mellorar o proceso, como en todo proceso de aprendizaxe (nós tamén estamos aprendendo) ás veces aparecen atrancos. En calquera caso, aquí tedes o episodio número seis, un pouco máis tarde do desexado na web, pero por fin  subido.

Actualización: actualizado o vídeo do episodio 6, agora si que se vai ver ben!!


Para acceder ao sexto episodio, premede aquí.

14/04/2008

Proxecto SIGTV episodio 6

seguinte  
 
  anterior