Presentamos o quinto episodio de: SIGTV, o noso novo proxecto de TV escolar por Internet .
Este quinto episodio ven moi moi cargadiño de novas, desde as de carácter internacional, pasando polas nacionais, ecoloxía, deportes e locais. O actual episodio está moi traballado na aula a nivel de recollida de novas, análise e preparación de material, realizándose o que é ata a data de hoxe o episodio máis longo da serie de SIGTV. Vale a pena velo!
Todo o traballo desenvolvido na elaboración das novas así como na creación do espacio audiovisual, todo, está realizado polo alumnado. Neste quinto episodio traballan os nenos e nenas de terceiro nivel. A realización, como ben podedes ver, é en tempo real, sen cortes, sen postproducción e, o que é máis importante, realizado íntegramente polo alumnado tanto diante como detrás da cámara. Aemais, neste episodio tivemos problemas técnicos, xa que o temauqe usamos na elaboración do programa ten un erro adquirido dende a últma actualización do software, polo que a idea inicial tivo que ser desenvolvida doutro xeito.
Tamén verede algo raro na gravación i é que hoxe estivo a TVG gravándonos mentras o alumnado levaba acabo o proxecto.
E por explicar un pouco o proceso “técnico” de elaboración do episodio: Na realización, un alumno/a realiza as funcións técnicas co ordenador (Apple iMac) usando o programa Pulpmotion, aplicación que usamos para a creación do programa audiovisual e que permite exportar o resultado a iWeb, aplicación que usamos para crear o noso portal, ambos os dous programas están só dispoñibles para a plataforma Macintosh, que usamos maioritariamente no noso Centro Público para a xeración de actividades innovadoras coas novas tecnoloxías, a pesar da posición da Xunta, que por desgracia nos mantén, interesadamente, no maior dos anonimatos.
Para acceder ao quinto episodio, premede aquí.
12/03/2008
Proxecto SIGTV episodio 5