Todas as persoas que nos seguen a través da web, así como aquelas que nos seguen a  través da iTunes Store donde publicamos O Caixon  Audiovisual do CEIP Sigüeiro daranse conta hoxe de que o quinto capítulo do proxecto SIGTV ten algo que poderíamos calificar como “raro”: algunha cousa a maiores como o novo set de televisión móbil que acabamos de estrear, pero tamén algún micro de máis ou incluso un ambiente… distinto.

E todo porque onte a TVG estívonos gravando para a realización do programa “Ben falado” que se está a piques de estrear na cadea autonómica e onde o noso proxecto SIGTV aparecerá reflexado como experiencia innovadora no uso das novas tecnoloxías no ensino. Esperamos ansiosos a poder vernos na tele… que emoción!!

Últimamente estamos a conseguir moita fama :-)))

Se queredes ver algunas fotos de cndo estiveron aquí gravándonos, facede clic na imaxe inferior.

12/03/2008

A TVG estivo no Cole

seguinte  
 
  anterior