Presentamos o segundo episodio de: SIGTV, o noso novo proxecto de TV escolar por Internet .
Neste segundo episodio as novas van desde o Día da Paz, o Entroido, o deporte de “élite” da nosa xente e ata a nova máis triste (ou alegre, segundo se vexa) i é que José e ^Pilar xubiláronse.
Esperamos que vos guste.
Todo o traballo desenvolvido na elaboración das novas así como na creación do espacio audiovisual, todo, está realizado polo alumnado. Neste segundo episodio traballan os nenos e nenas de quinto nivel. A realización, como ben podedes ver, é en tempo real, sen cortes, sen postproducción e, o que é máis importante, realizado íntegramente polo alumnado tanto diante como detrás da cámara.
E por explicar un pouco o proceso “técnico” de elaboración do episodio: Na realización, un alumno/a realiza as funcións técnicas co ordenador (Apple iMac) usando o programa Pulpmotion, aplicación que usamos para a creación do programa audiovisual e que permite exportar o resultado a iWeb, aplicación que usamos para crear o noso portal.
A intención non é crear un vídeo por clips que logo sexan montados nun programa de edición de vídeo. A nosa intención é crear un único programa de novas semanais grabado íntegramente, de forma autónoma por parte do alumnado de primaria e cun proceso que resulte significativo para eles tanto na elaboración das novas como na creación e difusión do programa.
Para acceder ao segundo episodio, premede aquí.
08/02/2008
Proxecto SIGTV episodio 2