Presentamos o cuarto episodio de: SIGTV, o noso novo proxecto de TV escolar por Internet .

Neste cuarto episodio, os nenos e nenas contarannos as novas que van desde a política internacional, os descubrimentos máis importantes da arqueoloxía, innovacións en canto á introducción de enerxías renovables en Galicia, a cultura, e as novas de Oroso.

Vale a pena velo!

Todo o traballo desenvolvido na elaboración das novas así como na creación do espacio audiovisual, todo, está realizado polo alumnado. Neste cuarto episodio traballan os nenos e nenas de quinto nivel. A realización, como ben podedes ver, é en tempo real, sen cortes, sen postproducción e, o que é máis importante, realizado íntegramente polo alumnado tanto diante como detrás da cámara.

E por explicar un pouco o proceso “técnico” de elaboración do episodio: Na realización, un alumno/a realiza as funcións técnicas co ordenador (Apple iMac) usando o programa Pulpmotion, aplicación que usamos para a creación do programa audiovisual e que permite exportar o resultado a iWeb, aplicación que usamos para crear o noso portal, ambos os dous programas están só dispoñibles para a plataforma Macintosh, que usamos maioritariamente no noso Centro Público para a xeración de actividades innovadoras coas novas tecnoloxías, a pesar da posición da Xunta, que por desgracia nos mantén, interesadamente, no maior dos anonimatos.

A intención non é crear un vídeo por clips que logo sexan montados nun programa de edición de vídeo. A nosa intención é crear un único programa de novas semanais grabado íntegramente, de forma autónoma por parte do alumnado de primaria e cun proceso que resulte significativo para eles tanto na elaboración das novas como na creación e difusión do programa.

Para acceder ao cuarto episodio, premede aquí.

26/02/2008

Proxecto SIGTV episodio 4

seguinte  
 
  anterior