Presentamos: SIGTV, o noso novo proxecto de TV escolar por Internet que levamos xa un tempo masticando e elaborando. Hoxe mesmo podedes ver o episodio piloto da nova TV escolar: a que se realiza con contidos educativos a partires do traballo co xornal na aula, e que usa as novas tecnoloxías para a creación e difusión, como non podía ser doutro xeito, a través de internet.

Todo o traballo desenvolvido na elaboración das novas así como na creación do espacio audiovisual, todo, está realizado polo alumnado. Neste episodio piloto traballan os nenos e nenas de cuarto nivel. A realización, como ben podedes ver, é en tempo real, sen cortes, sen postproducción e, o que é máis importante, realizado íntegramente polo alumnado tanto diante como detrás da cámara.

As novas non son moi actuais, pero cremos que resulta interesante ver o traballo desenvolvido polo alumnado. Asemade, tamén se poden observar erros da realización, pero para iso son os proxectos… para aprender e mellorar co tempo, non si?.

E por explicar un pouco o proceso “técnico” de elaboración do episodio: Na realización, un alumno/a realiza as funcións técnicas co ordenador (Apple iMac) usando o programa Pulpmotion, aplicación que usamos para a creación do programa audiovisual e que permite exportar o resultado a iWeb, aplicación que usamos para crear o noso portal.

A intención non é crear un vídeo por clips que logo sexan montados nun programa de edición de vídeo. A nosa intención é crear un único programa de novas semanais grabado íntegramente, de forma autónoma por parte do alumnado de primaria e cun proceso que resulte significativo para eles tanto na elaboración das novas como na creación e difusión do programa.

Esperamos que vos guste. SIGTV episodio piloto

29/01/2008

Proxecto SIGTV

seguinte  
 
  anterior